CODEGA
Marco xurídico
Natureza xurídica
Fins
A PROFESIÓN
Marco xurídico
Acreditacións legais
COLEXIADOS
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Outras Provincias
NOVAS
LIGAZÓNS
AVISO LEGAL
CONTACTO


CODEGA Marco xurídico

Marco xurídico de CODEGA
Por Lei 1/2008 da Comunidade Autónoma de Galicia, de 17 de abril, aprobouse a creación do Colexio de Detectives privados e privadas de Galicia. De acordo co establecido no artigo 150.2) da Constitución española, a Lei Orgánica 16/1995, de 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando deste xeito o ámbito competencial determinado no artigo 27.29) do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real Decreto 1643/1996, de 5 de xullo, e asúmese polo Decreto 337/1996, de 13 de setembro, da Xunta de Galicia. A Comunidade Autónoma de Galicia ditou, en virtude da devandita competencia, a Lei 11/2001 de 18 de setembro de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co seu artigo 11, a creación de colexios profesionais, no ámbito da Comunidade Autónoma Galega, será por Lei do Parlamento de Galicia.

Segundo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983 de 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, a creación do Colexio Profesional de Detectives Privados e Privadas de Galicia, que garante que o exercicio da profesión estea axustado ás normas e regras que aseguren tanto a eficacia, coma a eventual esponsabilidade en tal exercicio, quedando por tanto, así acadada a última Finalidade, que é a protección dos dereitos e dos intereses da cidadanía.


 


   
  DESTACADOS
NUEVO CERTIFICADO COLEGIAL El Carnet Colegial