CODEGA
Marco xurídico
Natureza xurídica
Fins
A PROFESIÓN
Marco xurídico
Acreditacións legais
COLEXIADOS
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Outras Provincias
NOVAS
LIGAZÓNS
AVISO LEGAL
CONTACTO


CODEGA Fins

Fins de CODEGA
O Colexio de Detectives Privados e Privadas de Galicia ten como fins:

- Ostentar a representación dos intereses xerais da profesión ante terceiros, así como defendelos en beneficio dos colexiados.

- Coidar de que a actividade profesional ofreza á sociedade garantías suficientes de calidade e competencia.

- Ordenar e regulamentar o exercicio da profesión mediante a emisión de normas técnicas e éticas de actuación.

- Coidar de que a profesión se axuste ás normas éticas e xurídicas que a regulan.

- Exercer a función disciplinaria.

- Combater o intrusismo profesional promovendo cantas accións sexan necesarias para a súa consecución.

- Procurar que os seus membros dispoñan, en canto ao exercicio da profesión, das liberdades, garantías e consideracións que lles son debidas, así como cooperar cos colexiados no referente ao cumprimento dos deberes que lles impón as normas que regulan o exercicio da profesión.

- Fomentar o desenvolvemento da profesión e o perfeccionamento da lexislación sobre as materias que lle son propias e que lle afectan.

- Colaborar coa administración nas competencias que esta lle delegue e participar nos seus órganos consultivos.

- Organizar actividades e servizos comúns de carácter profesional, cultural, de previsión e outros análogos que sexan de interese para os colexiados.

- Promover e desenvolver a formación profesional de cara ao perfeccionamento dos seus colexiados.

- Colaborar con outras entidades e corporacións de ámbito estatal e estranxeiro e con organismos de carácter internacional no estudo das materias obxecto da profesión.

- Constituír tribunais arbitrais no seo do colexio para dirimir cuestións entre partes, que se someterán á decisión de aqueles ao amparo da lexislación vixente.

- Calquera outra que lle sexa propia por razón da natureza do colexio.


 


   
  DESTACADOS
NUEVO CERTIFICADO COLEGIAL El Carnet Colegial